Despois da aprobación definitiva da Lei Electoral (LOREG) o pasado mes de decembro, FADEMGA Plena inclusión Galicia quere animar a tódalas persoas que ata agora se atopaban privadas do seu dereito a voto, a comprobar que efectivamente, se encontran rexistradas no censo electoral, pois, no caso de non aparecer, non se podería reclamar en mesa electoral.
Según a información facilitada polo INE á nosa federación, para comprobar que efectivamente se encontran censadas, basta con chamar á Oficina do censo electoral da provincia correspondente. No caso de que a persoa non aparecese censada, hai un prazo para reclamar a subsanación, que estará aberto do 11 ao 18 de marzo.
Esta alta no censo electoral actualizado permitirá que case 100.000 persoas con discapacidade que agora carecían deste dereito de voto poidan votar nas próximas eleccións xeráis que se celebrarán o vindeiro 28 de abril, así como nas europeas, e locais do mes de maio, e nos demais comicios que se celebren no futuro.
Dáse efectividade así ao mandato da Lei Orgánica 2/2018, do 5 de decembro, para a modificación da Lei Orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeneral, para garantir o dereito de voto de todas as persoas con discapacidade, que establecía que a “as persoas ás que se lles limitei ou anulado o seu dereito de voto por razón de discapacidade quedan reintegradas plenamente no mesmo por ministerio da lei”.
Con esta reforma legal, que comeza a despregar efectos prácticos, non só non será posible en diante privar do dereito de voto a ningunha persoa por motivos asociados a discapacidade, senón que aquelas que o tiñan cancelado, unhas 100.000 en toda España, recupérano de modo automático.
As oficinas do centro electoral onde se poden dirixir son:
A Coruña: Rúa Adelaida Muro, 12. Teléfono: 981 217 426
Pontevedra: Rúa Iglesias Vilarelle, 2. Teléfono: 986 86 85 00
Lugo: Rúa Pintor Corredoira, 1. Teléfono: 982 284 601
Ourense: Rúa Salvador Dalí, 13. Teléfono: 988 211 869