Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Poñemos en marcha unha nova convocatoria de cursos do Plan de Formación Prelaboral para persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, co obxectivo de dotar ao colectivo da información e das ferramentas necesarias para unha busca activa de emprego así como de facilitar o seu acceso ao mercado laboral.

Entre as accións a desenvolver dentro deste Plan de Formación, cabe detacar a realización de cursos de formación prelaboral específicos, con diferentes contidos de interese como habilidades sociolaboráis, dereitos e deberes dos traballadores, informática, educación vial, resolución de conflitos, manexo do euro... así como outra serie de talleres específicos centrados en adquirir habilidades de cara a elaborar curriculums, facer entrevistas de traballo, manexo do euro ou resolución de conflitos laboráis entre outros.

Esta convocatoria diríxese a persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, que se atopen ou queiran iniciar un proceso de busca activa de emprego.

O número mínimo de alumnos para os cursos é de 8 persoas, establecéndose un máximo de 10.

Para os talleres específicos establécese un mínimo de 5 persoas e un máximo de 10.

 

FORMACIÓN OFERTADA

CURSOS DE FORMACIÓN PRELABORAL

:: MÓDULOS BÁSICO:

- Habilidades sociolaborais

- Técnicas de busca de emprego

- Dereitos e deberes dos traballadores e traballadoras

- Prevención de riscos laborais

::MÓDULOS COMPLEMENTARIOS

- Informática básica

- Educación vial

- Educación en igualdade

- Resolución de conflitos no ámbito laboral

- Manexo do euro

 

TALLERES ESPECÍFICOS

- Elaboración do curriculum vitae

- Entrevista de traballo

- Brigadas de busca de emprego

- Resolución de conflitos no ámbito laboral

- Manexo do euro

 

Tanto os cursos como os talleres, adaptaranse ás necesidades concretas de cada grupo, así como ás características específicas do alumnado.

 

REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN

- Ter unha discapacidade intelectual certificada

- Ser maior de 16 anos.

- Estar inscrito no Centro Colaborador do Servizo Público de Emprego de FADEMGA Plena inclusión Galicia.

* * a inscrición neste servizo pode ser posterior á solicitude da acción formativa, e os técnicos de orientación desprazaranse ata entidade.

 

METODOLOXÍA

A formación prelaboral estrutúrase como unha acción de carácter transversal destinada a proporcionar coñecementos e habilidades xerais vinculadas coa busca e mantemento do traballo independentemente das diferentes ocupacións.

Deste xeito, a través de diversas accións de formación preténdese achegar coñecementos e recursos que melloren a empregabilidade deste colectivo, sempre dun xeito adaptado ás características e necesidades do mesmo.

 

SOLICITUDE

O prazo para realizar a solicitude remata o 15 de marzo de 2019.

O período de execución das accións formativas será entre o 25 de marzo e o 28 de xuño de 2019.

A adxudicación dos cursos realizarase por riguroso orde de solicitude.

As entidades interesadas en realizar algún tipo de acción formativa deberán remitir á Área de Emprego e Formación a Ficha de Solicitude de Acción Formativa debidamente cumprimentada a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Aquelas entidades que desexen propoñer unha acción formativa relacionada co acceso e mantemento do emprego non contemplada no catálogo desta convocatoria, deberán achegar a súa proposta por correo electrónico.

A Área de Emprego e Formación da Federación valorará dita proposta e comunicará á entidade solicitante a súa viabilidade coa suficiente antelación antes das datas de execución propostas.

 

DESCARGA AQUÍ a documentación para solicitar a túa inscrición neste Programa formativo , así como o folleto con tódala información relacionada.