Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Tras o recente cambio da Lei Xeral de Réxime Electoral (LOREG), todas as persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, poderán exercer o seu dereito ao voto.

Por iso, desde o movemento asociativo consideramos que é unha boa oportunidade para explicar como se exerce o dereito ao voto, e para elo levaremos a cabo un simulacro electoral vencellado a unha actividade de formación e información, na que poderán participar todas as persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento que o desexen.

A través desta formación, explicaremos os diferentes tipos de eleccións, os tipos de voto, as distintas maneiras de votar, os materiais necesarios para votar e os pasos para poder exercer o dereito ao voto.

Obxectivo

Con estas xornadas buscamos sensibilizar sobre a necesidade de suprimir as barreiras cognitivas nos colexios electoráis, pois de pouco sirve ter dereitos se estos non se poden exercer en igualdade de condicións.

De aí a necesidade de concienciar aos diferentes partidos políticos da importancia de ofrecer os programas adaptados a lectura fácil, pero tamén de empregar pictogramas e representacións gráficas nos colexios electoráis, algo do que se beneficiarían outros moitos colectivos como as persoas maiores.

Como solicitar este obradoiro?

As entidades interesadas en solicitar o obradoiro deberán presentar, debidamente cumprimentada a FICHA DE SOLICITUDE.

A xunta directiva de FADEMGA Plena inclusión Galicia, valorará as solicitudes recibidas e resolverá a concesión do obradoiro.

Comunicaremos a resolución ás entidades beneficiarias.

PRAZO

As solicitudes deberán estar na Federación como moi tarde o 7 de marzo.

No seguinte enlace podes descargar tódala infrmación sobre a convcatoria: EU TAMÉN VOTO