Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

O noso proxecto de "Pensamento libre" non deixa de medrar.

Despois dunha primeira edición exitosa en Santiago, poñemos en marcha unha nova convocatoria, que se extende este ano á cidade de A Coruña e Pontevedra.

"Pensamento Libre" é un proxecto alternativo, onde pensamos en liberdade, e que está orientado a empoderar ás persoas con discapacidade intelectual.

As sesións de pensamento libre están orientadas a persoas con discapacidade intelectual, familias, profesionais e voluntarios, co obexctivo de ofrecer un espazo para o pensamento e o diálogo con outros membros da sociedade, considerando que o pensamento exercido en liberdade, é unha das dimensións que nos constrúen como persoas.

Contar con apoios e oportunidades para alcanzar e manter o estatus de persoas en toda a súa extensión e complexidade ao longo da vida é o compromiso ético do movemento asociativo Plena inclusión.

:: Documentación, inscricións e prazo

Accede neste link a tódala información sobre o proxecto.

Cubre a ficha de inscrición e envíaa ao correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. antes do 28 de febreiro