** ACTUALIZACIÓN: consulta aquí a relación de admitidos/as.
Interesado en formarte sobre como orientar o teu traballo cara ás persoas con discapacidade intelectual e como mellorar a súa calidade de vida?
A través deste novo curso, ofrecémosche os coñecementos básicos sobre o "Enfoque centrado na persoa" e as súas implicacións a nivel individual.
Ademáis de estar dirixido a profesionais, o curso oriéntase tamén a familias e outras persoas que podan estar implicadas no día a día da persoa con discapacidade.
DATAS
Datas: 15 de marzo a 15 de abril de 2019
Prazo de inscrición: 1 de marzo de 2019
** A partir do 4 de marzo , poderedes consultar o listado de admitidos a través da web **
INSCRICIÓN
Preme NESTE LINK e descarga tódala información do curso, así como a ficha de inscrición, que deberás enviar debidamente cumprimentada a: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Esta acción formativa é gratuita ó ser financiada polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social, a través do Programa de Formación e Xestión Integral do Coñecemento en Rede para Profesionais e persoas voluntarias do Tercer Sector (Sabiduría para todos) de Plena inclusión España.