Os próximos días 26 e 27 de setembro, baixo o lema, “Ao contraxeito: construímos comunidades inclusivas”, Plena inclusión e Plena inclusión Aragón celebrarán en Zaragoza o 2º Encontro de Prácticas Admirables (Auditorio do World Trade Center, WTC, Avda. María Zambrano 31, 50018 Zaragoza).
Este encontro citará ás mellores prácticas relacionadas co cumprimento da nosa Misión e a nosa estratexia nestes anos. Para iso, foi habilitado un sistema de presentación de boas prácticas a través do Horto de Ideas de Plena inclusión. Todas elas serán valoradas por un equipo de expertos de diversas redes da nosa organización e poderán consultarse na citada web do Horto de Ideas.
Mañá, día 31 de xaneiro de 2019, ás 11:00 h. realizaremos unha presentación online do Encontro a través de Zoom, na que participarán Santos Hernández e Eva María Velázquez, da Rede de Calidade; e Enrique Galván, director de Plena inclusión España.
A partir dese mesmo dmomento, todas as persoas interesadas poderán presentar as súas prácticas no Horto de Ideas.
Entra en Zoom para asistir á sesión de presentación (xoves 31 de xaneiro de 2019, 11:00 h).
Xunto a todo iso, tamén se habilitou un espazo do Encontro na web de Plena inclusión, no que poderás dispoñer de toda a información do Encontro e a forma de presentar a túa práctica, de asistir ao mesmo, ou de consultar as experiencias presentadas.