Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Dentro da colección “Cadernos de Boas Prácticas”, Plena inclusión España acaba de publicar unha nova guía sobre Emprego Público.Titúlase "As persoas con discapacidade intelectual na función pública: informe sobre situación, recomendacións e apoios tecnolóxicos".

O obxectivo desta guía é promover estratexias que contribúan a que as persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento teñan acceso ao emprego público, como unha opción de emprego de calidade e segura entre as persoas interesadas e as súas familias, así como entre as entidades que as apoian.

Para iso, esta guía achega recomendacións baseadas en boas experiencias detectadas ao longo do territorio nacional, sobre o acceso a postos na función pública de persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento; o apoio no mantemento do posto; e a promoción interna dentro da administración pública.

En cada un destes temas propón aspectos a mellorar, consellos para facelo e exemplos de boas experiencias. Deste xeito, será útil tanto para aquelas persoas que queiran saber como é o proceso de acceso á función pública, como para aquelas administracións que desexen ofrecer postos de traballo de similares características e poidan aprender máis cousas sobre este proceso.

A publicación, escrita por Javier Muñoz, David Sánchez e Amalia San Román, ten un prólogo da coordinadora e responsable de Emprego de Plena inclusión Silvia Muñoz, e unha introdución a modo de resumo en Lectura Fácil.

Nesta ligazón podes atopala: Caderno de Boas Prácticas: acceso ao emprego público.