O Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, D Alfonso Rueda, o Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) D. Miguel Ángel Cadenas, o Director Xeral de Xustiza da Xunta de Galicia D. Juan José Martín Álvarez e o Presidente de FADEMGA Plena inclusión Galicia, D. Eladio Fernández, asinaron este venres un Convenio para poñer en marcha o proxecto pioneiro na nosa comunidade, mediante o cal se adaptarán as sentenzas que afectan a personas con discapacidade intelectual e persoas con maiores problemas de comprensión a lectura fácil.
Dito Convenio tamén inclúe a adaptación de documentación xurídica que a Administración de Xustiza incorporará á súa intranet, tanto en galego como en castelán, para que tódolos xulgados galegos teñan acceso. O primeiro xulgao en incorporalo será o de Santiago de Compostela, esperando que en próximas datas o incorporen o resto de xulgados galegos.
Esta colaboración entre Xunta e FADEMGA Plena inclusión iniciábase o pasado mes de xuño, cunha serie de reunións entre a federación e o Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza D. Alfonso Rueda así como co Director Xeral de Xustiza, D Juan José Álvarez Martín Alvarez co obxectivo de que Galicia esté á vangarda da accesibilidade cognitiva en España.
:: Barreiras no acceso á xustiza
A falta de tempo para explicarse, a linguaxe excesivamente técnica ou a falta dunha información clara e en termos que podan comprender son algunhas das barreiras que se atopan as persoas con discapacidade intelectual e as súas familias cada vez que inician algún procedemento xudicial. Con este proxecto, FADEMGA Plena inclusión quere asegurar que a información xurídica que reciben todas as personas con discapacidade intelectual e as súas familias sexa accesible e poda ser comprendida fácilmente.
En palabras do presidente de FADEMGA Plena inclusión Galicia, Eladio Fernández, "só conseguiremos unha igualdade efectiva cando todos os galegos con e sen discapacidade conten coas mesmas oportunidades para interpretar a realidade e actuar, en consecuencia, de forma autónoma e libre. O acceso á información, é vital para que esto sexa posible” Con este proxecto de adaptación de sentenzas e de información xurídica, Galicia únese a outras comunidades como Asturias (pioneira na implantación desta medida), Andalucia ou La Rioja, que este ano veñen de incorporar a lectura fácil ao ámbito xurídico.
:: A lectura fácil
A Lectura Fácil forma parte dunha idea máis ampla de accesibilidade cognitiva, destinada a que as persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento poidan acceder á información e á comprensión da súa contorna. Na actualidade hai unha gran multiplicidade de iniciativas onde FADEMGA Plena inclusión colabora como son proxectos na contorna xornalística (con revistas en Lectura Fácil), cultural (información de museos, obras de teatro, adaptación de novelas e clubs de lectura) e tamén do ámbito social (publicacións sobre prevención da violencia de xénero) e sanitario (información ao paciente).
:: Linguaxe fácil, non infantil nin simplista
As normas básicas da Lectura Fácil consisten en usar oracións simples e curtas, coa estrutura de suxeito+verbo+complemento, escribir de modo directo, limitar o número de ideas, dar preferencia á voz activa sobre a pasiva e recorrer sempre ao mesmo sinónimo. Igualmente, evitanse os tecnicismos, a linguaxe figurada, os tempos verbais do subxuntivo e o condicional, as oracións impersonais e complexas, as abreviaturas e siglas, o punto e coma, os puntos suspensivos e os incisos que rompen a continuidade.
A adaptación non cambia nin modifica en nada os contidos das sentenzas, pero fai que estas exan máis comprensibles para as persoas ás que se refiren.