O pasado 26 de novembro, o noso grupo de alumnos da provincia de Pontevedra visitou a Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Vigo, para coñecer de preto as funcións que implicará o posto para o que se están a formar connosco.
Trátase de alumnos que están a preparar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de personal funcionario subalterno da Administración Xeral de Galicia a través do “ Plan de Apoio e Reforzo á formación para mellorar o acceso aos procesos selectivs de emprego público específicos para persoas con discapacidade intelectual de Galicia Sur".
Esta actuación enmárcase dentro do Programa Operativo do FSE Galicia 2014-2020, no seu obxectivo 9 “Promover a inclusión social contra a pobreza e calquera forma de discriminación”.