Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

A maioría das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento envellecen antes e máis rápido que o resto da poboación. Moitas persoas con discapacidade a partir dos 45 anos presentan procesos de envellecemento que a poboación xeral soe ter cara ós 65 ou 70 anos.

Dende a Federación cada vez somos máis conscientes desta realidade, máis evidente se cabe nunha pobación tan envellecida como a da nosa comunidade, e por elo poñemos en marcha esta sesión de traballo sobre o proceso de envellecemento en persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento: "Xuntos medramos nos apoios que prestamos".

Durante este día, analizaremos e reflexionaremos sobre as necesidades das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento en proceso de envellecemento e compartiremos actuacións e estratexias que se están levando a cabo para apoiar as persoas que se atopan nesta etapa e mellorar a súa calidade de vida. Tamén contaremos cun experto no ámbito de maiores, D. Miguel Ángel Vázquez Vázquez. (Presidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeríatría) para coñecer que están facendo noutros recursos da nosa comunidade que atenden a persoas en proceso de envellecemento.

A xornada está orientada a profesionais das entidades federadas a FADEMGA Plena inclusion Galicia, acompañados por algunha persoa con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento maior de 45 anos e/ou en proceso de envellecemento e/ou algunha familia.

Se estás interesado/a, podes descargar aquí o PROGRAMA e INSCRICIÓN, e enviárnola debidamente cuberta e asinada, a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. , ata o 3 de decembro.

A xornada celebrarase o 10 de decembro, no Hotel Castro (Formarís, 22-23. 15884 Santiago de Compostela).