O Programa de Vacacións IMSERSO é un programa aberto a persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento (estean ou non asociadas a unha entidade) que organizamos co obxectivo de favorecer a inclusión social e a participación de tódalas persoas en igualdade de condicións.
Buscamos o fomento das relacións interpersoais, dando cabida a todos aqueles solicitantes en situación de maior desvantaxe social, económica, familiar e persoal.
Os participantes deben contar cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% e ser maiores de 16 anos.
* PRAZO DE SOLICITUDE: do 25 de novembro ao 16 de decembro (prazo pechado)
Oferta de destinos:
* O Programa de "Actuacións de Turismo IMSERSO – Plena inclusión España" execútase a través de Plena inclusión, grazas ao cofinanciamento do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social.
* Prazas, datas e cotas susceptibles de modificacións.


