Como xa hai moito que non nos vemos, pensamos que xa era o momento de poñer en marcha o noso encontro de familias!
Traede a tódala familia e aos vosos veciños, necesitámosvos a todos! Pois temos moito que compartir e reivindicar: témonos que re-inventar.
Por elo, poñemos á vosa disposición todos os materiais para que vos informedes e poidades inscribirvos.
Este ano, o Foro xirará en torno á PARTICIPACIÓN.
Na sociedade actual, marcadamente individualista, non hai unha cultura participativa. Esta circunstancia non é allea ás nosas asociacións: as familias cada vez se “desentenden” máis da asociación e só buscan os seus servizos. En definitiva, as familias cada vez exercen máis de clientes e menos de socios, unha tendencia que debemos e queremos cambiar.
CANDO E ONDE?
O Foro de Familias terá lugar no Hotel Congreso. (Rúa das Mámoas de Montouto 4. Santiago de Compostela) o vindeiro sábado 17 de novembro de 2018.
Na documentación que achegamos nos seguintes enlaces, podes atopar o PROGRAMA da xornada así como as cotas, prazos para presentación de inscrición e mesmo as indicacións para solicitar ese día o servizo de Respiro Familiar.
COTAS E PRAZOS
1º Prazo: Ata o 6 de novembro. Cota bonificada. O 1º asistente 14 euros. A partir do 2º asistente: 12 €/persoa. Servizo de Respiro: 14 €/persoa.
2º Prazo: Do 7 ao 9 de novembro. Cota sen bonificar (aquelas persoas e entidades que presentedes a inscrición despois do 1º prazo): 20 €/persoa. Servizo de Respiro: 20 €/persoa.
Cota adicional: Transporte 7 €/persoa.