Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Poñemos en marcha unha nova convocatoria de cursos do Plan de Formación Prelaboral para persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, co obxectivo de dotar ao colectivo da información e das ferramentas necesarias para unha busca activa de emprego así como de facilitar o seu acceso ao mercado laboral.

Entre as accións a desenvolver dentro deste Plan de Formación, cabe detacar a realización de talleres e cursos de formación prelaboral específicos, con diferentes contidos de interese como habilidades sociolaboráis, dereitos e deberes dos traballadores, informática, educación vial, resolución de conflitos, manexo do euro...

Esta convocatoria diríxese a persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, que se atopen ou queiran iniciar un proceso de busca activa de emprego.

O número  mínimo de alumn@s para os cursos é de 8 persoas, establecéndose un máximo de 10. Para os talleres específicos establécese un mínimo de 5 persoas e un máximo de 10.

REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN

- Ter unha discapacidade intelectual certificada

- Ser maior de 16 anos.

- Estar inscrito no Centro Colaborador do Servizo Público de Emprego de FADEMGA Plena inclusión Galicia.

* * a inscrición neste servizo pode ser posterior á solicitude da acción formativa, e os técnicos de orientación desprazaranse ata entidade.

METODOLOXÍA

A formación prelaboral estrutúrase como unha acción de carácter transversal destinada a proporcionar coñecementos e habilidades xerais vinculadas coa busca e mantemento do traballo independentemente das diferentes ocupacións.

Deste xeito, a través de diversas accións de formación preténdese achegar coñecementos e recursos que melloren a empregabilidade deste colectivo, sempre dun xeito adaptado ás características e necesidades do mesmo.

SOLICITUDE

A solicitude terá que ser realizada 7 días antes das datas desexadas para a impartición.

O prazo para realizar a solicitude remata o 25 de outubro de 2018.

A adxudicación dos cursos realizarase por riguroso orde de solicitude.

As entidades interesadas en realizar algún tipo de acción formativa deberán remitir á Área de Emprego e Formación a Ficha de Solicitude de Acción Formativa, na que realizarán a proposta do alumnado.

 

DESCARGA AQUÍ a documentación para solicitar a túa inscrición neste Programa formativo , así como o folleto con tódala información relacionada.