Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Profesionais de entidades de toda Galicia acoden anualmente a esta Sesión en busca de asesoramento para os casos máis complexos de abordar.

O obxectivo destas sesións é dotar aos profesionais que traballan no campo da discapacidade de instrumentos e ferramentas útiles que lles axuden a desenvolver o seu labor profesional e a abordar casos especialmente problemáticos.

DÍA: 10 de outubro.

HORA: de 10:00-14:00 e de 15:30-17:30

LUGAR:Salón de actos do Edificio CERSIA (Rúa do Alcalde Raimundo López Pol, s/n. 15707 Santiago de Compostela)

As persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento presentan un maior número de trastornos psiquiátricos e condutuais coexistentes, pero moitas veces a detección dos mesmos resulta complexa ou o tratamento non é eficaz, o que repercute na diminución da súa calidade de vida, ameaza a estabilidade da situación familiar e pon en perigo a súa permanencia nos centros de atención ós que acoden.

Para abordar estes casos, ós que é dificil ofrecer unha resposta efectiva, dende FADEMGA Plena inclusión Galicia poñemos en marcha novamente esta xornada que este ano acada a súa 7º edición co obxectivo de mellorar a atención que reciben as persoas con discapacidade intelectual e trastornos mentais e/ou alteracións de conduta asociados.

Para elo, a Sesión conta co apoio e asesoramento do psiquiatra Luis Docasar Bertolo, Xefe de Servizo de Psiquiatría da Estructura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) Ourense Verín e o Barco de Valdeorras.

Os diferentes casos serán presentados polos membros do “Grupo de traballo sobre trastornos mentais e/ou alteracións de conduta” da Federación, un equipo multidisplinar formado por voluntarios de diferentes disciplinas (psicólogos, traballadores sociais, pedagogos, psiquiatras,…) e de distintas localidades, con ampla experiencia na atención a persoas con discapacidade.