Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

A pasada semana asomámonos novamente ao mundo do voluntariado, grazas ao curso sobre “O voluntariado en Plena inclusión", financiado a través da Consellería de Política Social.

Durante 2 días, Silvia Muñoz, responsable da Área de Voluntariado en Plena inclusión abordou o voluntariado no proxecto común de Plena inclusión; a "Calidade Plena inclusión" no voluntariado; a importancia da ética; ou as funcións e xestión do servizo no voluntariado, entre outros asuntos.

Durante o curso, tivemos a sorte de contar con profesionais chegados dende as entidades de Aspnais, Aspanas, Pai Menni, Aceesca, Aspas, Agasfra e FADEMGA.