Máis de 3.500 persoas con discapacidade intelectual, preséntanse este sábado ás oposicións convocadas polo Ministerio de Facenda Das 279 prazas convocadas, 23 delas irán parar a Galicia.
FADEMGA Plena inclusión Galicia prestou apoios durante todo o proceso, e este venres técnicos da federación acompañan aos opositores a Madrid para realizar as probas.
Co fin de cubrir prazas de emprego público en toda España, o Ministerio de Facenda e Función Pública, convocaba 279 postos de persoal laboral fixo na Administración do Estado, modalidade de Axudante de Xestión e Servizos Comúns (Ordenanza), dirixidos a persoas con discapacidade intelectual.
Este venres máis de 235 persoas con discapacidade intelectual, marchan xa cara Madrid para facer fronte a esta proba, para a que levan meses formándose a través de FADEMGA Plena inclusión Galicia. Os aspirantes optarán a conseguir algunha das 23 prazas que se convocan para Galicia, 13 de las na provincia de A Coruña (nas localidades de Ferrol, Santiago e Coruña), 2 na cidade de Lugo, 2 en Ourense e 6 en Pontevedra (nas localidades de Pontevedra, Vigo e Marín).
:: Apoios integrais para facilitar a inserción laboral do colectivo
Durante o proceso de preparación, a federación facilitou formación de cara a preparación deste exame pero tamén ofreceu apoio aos opositores en todo o proceso; desde a formalización da solicitude até a presentación de alegacións a listas ou a documentación referida á formación e experiencia de cada aspirante para o concurso ademais de acompañalos ao lugar onde se realizarán os exames este sábado 22 de setembro.