Centos de persoas con discapacidade intelectual participarán mañá nas oposicións para a categoría de ordenanza da Axencia Tributaria, unha convocatoria destinada a cubrir en toda España 20 postos laboráis en distintas administracións do país, entre elas a da Coruña.
O Boletín Oficial do Estado publicaba esta convocatoria o pasado 21 de maio, realizada en exclusiva para o colectivo de persoas con discapacidade intelectual, e que se desenvolverá mañá sábado nas instalación da Facultade de Dereito do Campus de Elviña, a partir das 12:00 horas.
En total, 86 usuarios do Servizo de Emprego e Formación da federación aspirarán a conseguir a súa praza. Deles, 67 chegarán procedentes de Santiago, 10 de Lugo, 3 de Ourense e 6 de Vigo. Durante o proceso de preparación da proba, a federación facilitou apoio aos opositores en todo o proceso.
Os bos resultados nos exames de oposicións para persoas con discapacidade intelectual dos últimos anos, veñen respaldando o traballo do noso Servizo de Emprego. Un Servizo que conta con mais de 18 anos de experiencia, e onde traballamos diariamente desenvolvendo actuacións orientadas a fomentar a inserción laboral das persoas con discapacidade intelectual (tanto na empresa pública como privada), así como o apoio a todas aquelas que xa o teñen e queren mantelo.