Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

A VII Sesión Clínica de FADEMGA Plena inclusión Galicia xa está en marcha!

Este ano a xornada terá lugar o vindeiro 10 de outubro, no Salón de actos do Edificio CERSIA (Rúa do Alcalde Raimundo López Pol, s/n. 15707 Santiago de Compostela)

Durante a Sesión contaremos co apoio e asesoramento do psiquiatra Luis Docasar Bertolo (Xefe de Servizo de Psiquiatría da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) Ourense Verín e o Barco de Valdeorras) para a abordaxe de casos máis complexos no eido da atención ás persoas con discapacidade intelectual, nos que non somos capaces de ofrecer unha resposta efectiva.

Estes casos serán presentados polos membros do Grupo de traballo sobre trastornos mentais e/ou alteracións de conduta da Federación.

No seguinte enlace podes descargar tódala información e o programa.

Aquelas persoas interesadas en participar debedes enviar a inscrición, debidamente cuberta e asinada, xunto co xustificante de pago (13€/persoa) a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., ata o 3 de outubro.

Para máis información podedes contactarnos no teléfono 981.519.650 ou no correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..