Dende Plena inclusión queremos escoitar as túas reivindicacións!
A finais de novembro de 2018 celebraremos en Valladolid un novo encontro de Construímos Mundo.
Construímos Mundo é un proxecto de activismo e empoderamento das persoas con discapacidade intelectual no seu fogar, nas organizacións e na sociedade.
No encontro traballaremos as nosas reivindicacións con familiares e políticos.
Falaremos sobre temas como a accesibilidade cognitiva o emprego das persoas con discapacidade intelectual a sexualidade e afectividade, as situacións de discriminación...
Fixemos un cuestionario para preguntarche sobre as túas reivindicacións e opinións en cada un destes temas.
Se tes discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e queres participar neste proxecto, podes encher o cuestionario cos teus datos e opinións e enviárnolo para que as teñamos en conta.
Podes enchelo co ordenador ou sacalo impreso e envialo por correo ordinario.
Moitas grazas pola túa colaboración!
Pica sobre as ligazóns de abaixo para acceder ás diferentes versións.