Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Poñemos en marcha unha nova xornada formativa sobre "Planificación centrada na persoa",que terá lugar o vindeiro 29 de setembro, e será impartida na sede da Asociación AS BURGAS, por Fausto García, psicólogo e director técnico do servizo de adultos da asociación BATA, así como membro da Rede de Consultoría de Plena Inclusión España.

O desenvolvemento xeral da acción formativa ten un formato dinámico, co obxectivo de que se podan levar a cabo estratexias de traballo en grupo e/ou individuais, co fin de experimentar do xeito mais directo os diferentes aspectos do proceso de planificación centrada na persoa.

1. Con quen e para qué traballamos?. a “orientación a persoas”

- ObXectivo: o benestar e os deritos

- A cidadanía e a felicidade como meta

2. Calidade de vida e ética como eixes da PCP

3. Bases teóricas da planificación centrada na persoa

4. O proceso de planificación

- creación de círculos de apoio

- facilitador

- deseño do plan personalizado de futuro

- avaliacion de resultados persoais

5- As ferramentas da PCP: os mapas persoais

6.- Actividades complementarias

- dinámicas de traballo en equipo

- aplicación de ferramentas de planificación centrada na persoa

- contraste de experiencias cos servizos da ASOCIACION BATA.

- Procesos de inclusión e de planificación persoal

 

 :: Destinatarios e lugar de celebración

O curso está dirixido a profesionais, directivos e voluntarios en entidades sociais maiores de 16 anos, e terá lugar o 29 de setembro

Para inscribirse deberedes enviar debidamente cumprimentada a Ficha de inscrición e LOPD á dirección de correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

A data límite para realizar a vosa inscrición será o 15/09/2018 e a admisión comunicarase vía e‐mail.