Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Xa estamos a traballar nunha nova edición da Xornada sobre Saúde Mental e Discapacidade Intelectual, que organizamos xunto coa asociación ASPANANE, e queremos contar coa túa participación!

A xornada celebrarase os días 8 e 9 de xuño. O día 8 de xuño será no Salón de actos do Hospital da Costa de Burela (Rafael Vior, s/n 27880 Burela (Lugo) e o 9 de xuño será no Conxunto histótico artístico de Sargadelos. Carretera río Cobo. San Ciprián Cervo).

Esta xornada, declarada de Interese Sanitario pola Consellería de Sanidade, ten como obxectivos:

•Dar a coñecer a profesionais de diferentes campos as particularidades das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento que presentan alteracións da saúde mental.

•Dar a coñecer a profesionais de diferentes campos os recursos e ferramentas dispoñibles para apoiar as persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

•Promover un foro de reflexión e debate sobre a atención das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

Anímate a participar! O prazo para anotarvos rematará o vindeiro 1 de xuño, e a inscrición deberedes remitila a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

Descarga aquí a inscrición e o programa da xornada