Baixo o lema, “Dinamizando o noso movemento asociativo”, a Comisión de Irmáns e cuñados de FADEMGA organiza a 2ª Convivencia Formativa.
Dous días de confraternización co obxectivo de intercambiar experiencias, onde se abordarán diferentes aspectos de interese para os familiares como a importancia da participación na vida asociativa ou a necesidade de comunicar ben e estar presentes na vida dos nosos familiares con discapacidade.
Carmela González Lagarón, Moisés Lamigueiro e o dinamizador Brais Fernández, serán os conductoress das xornadas, que se celebrarán en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 17:30 horas.
:: Os irmáns e cuñados, un papel cada día máis relevante
Ser irmán ou cuñado/a dunha persoa con discapacidade intelectual, é unha circunstancia complexa na que afecto e responsabilidade van unidas.
Por elo, os familiares das persoas con este tipo de discapacidade precisan apoio, información e vías de participación nas organizacións que os representan, co fin de manter e de fomentar unha estrutura de axuda.
A través destas xornadas de convivencia, FADEMGA Plena inclusión Galicia quere aportarlles un espazo onde poder formarse sobre temas de interese para eles, así como apoialos na implicación e no traballo en prol da visibilización do colectivo.
Descarga aquí a inscrición e o programa