Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Segundo os datos recolleitos no informe ODISMET 2017, o desemprego no colectivo de persoas con discapacidade intelectual alcanza o 44,7%: 80.000 persoas, das que máis da metade son desempregadas de longa duración.

O INE apunta outro dato preocupante: en 2016 un 89,6% destas persoas non cursaba ningún estudo, unha situación que dificulta aínda máis a súa empleabilidad e propicia postos de traballo peor pagos e menos cualificados.

FADEMGA Plena inclusión Galicia aposta por unha continua e progresiva implantación de medidas de accesibilidade cognitiva que poidan servir para facilitar o acceso de persoas con especiais dificultades de comprensión a postos de traballo e á promoción interna. A Federación vén desenvolvendo a adaptación de material a lectura fácil, tanto na información facilitada a traballadores, como na adaptación dos postos de traballo, o acceso ao emprego, a formación… o que facilita a inclusión laboral do colectivo.

No ámbito do emprego público, a Federación tamén colabora coas Administracións desenvolvendo material adaptado. Grazas a esta colaboración, as persoas aspirantes poden dispoñer de temarios, exercicios, e formularios de inscrición accesibles, que lles permiten poder prepararse as mesmas con garantías.

:: Xornadas de Emprego Personalizado

O próximo mes de xuño, a Confederación española Plena inclusión organizou dúas Xornadas sobre Emprego Personalizado, unha metodoloxía de acceso ao emprego daquelas persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento que teñen maiores necesidades de apoio. Estas xornadas desenvolveranse respectivamente en Madrid e Sevilla os días 14 e 18 de xuño, co apoio de Fundación ONCE ( a través do seu programa POISES, financiado polo Fondo Social Europeo). Xunto a iso, tamén organiza, coa colaboración de Banco Santander e Fundación Universia outra xornada sobre acceso á función pública das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, que terá lugar en Madrid o día 21 de xuño.