Plena inclusión, organizará os próximos 6 e 7 de xuño, en Madrid, unhas xornadas sobre o dereito á sexualidade das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.
Baixo a lema, "Do tabú á tarefa", estas xornadas estatais servirán para compartir experiencias de persoas e organizacións, tanto de Plena inclusión como da contorna sobre a sexualidade neste colectivo de persoas.
Plena inclusión España tamén presentará o seu posicionamento polo Dereito á Sexualidade das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, e organizará un cineforum coa presentación dun libro do sexólogo Carlos da Cruz e un documental de Paco Gilbert.
Nesta ligazón podedes atopar o Posicionamento de Sexualidade.
Podedes presentar experiencias e ideas sobre Sexualidade en persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento na páxina "O horto das Ideas" . Todas estas ideas ou experiencias pasarán por un equipo de avaliación que elixirá as 9 mellores, que serán presentadas nestas Xornadas.
A presentación de experiencias poderá realizarse ata o 30 de abril.