Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

"Ferramentas para mellorar o benestar" e "Obradoiro de duelo" son as dúas novas ofertas formativas que lnzamos para o vindeiro mes, e nas que xa podedes solicitar a vosa praza.

"Ferramentas para mellorar o benestar" celebrarase o 5 de maio no Hotel Congreso, e está dirixido a familiares de persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento con alteracións da saúde mental.

A cuota de inscrición é gratuita e inclúe material e comida. Podedes realizar a vosa inscrición ata o 27 de abril.

Descarga aquí a túa inscrición

 

Por outra banda, lanzamos unha nova edición do "Obradoiro de duelo", que terá lugar o 6 de maio, tamén no Hotel Congreso, e que estará dirixido a familiares de persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento maiores de 45 anos e/ou en proceso de envellecemento.

A cuota de inscrición é gratuita e inclúe material e comida. O Prazo para inscribirse remata o 27 de abril.

Descarga aquí a túa inscrición