Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia poñemos en marcha a 1ª Xornada de Clubs de Lectura Fácil, unha iniciativa coa que pretendemos visibilizar a importancia de adaptar a información e a cultura para que esta sexa accesible a todas as persoas.
Durante esta xornada -que terá lugar o próximo 27 de abril no Hotel Congreso- teremos a oportunidade de coñecer a importancia de eliminar as barreiras cognitivas para garantir que as mensaxes e a información que ofrecemos sexan comprendidas polo conxunto da cidadanía.
Tamén coñeceremos experiencias e boas prácticas sobre accesibilidade cognitiva, sobre lectura fácil e mesmo sobre os novos clubs de lectura que tanto se están a estender nos últimos anos a través de entidades e bibliotecas da nosa contorna.
Como participar
O prazo para que nos enviedes a vosa solicitude de participación, estará aberto ate o vindeiro 23 de abril.
A cuota de inscrición será de 12 euros por persoa (inclúe a comida). Podedes atopar tódalas normas relativas á inscrición neste enlace.