Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

As organizacións para persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento temos como obxectivo xerar oportunidades e apoios para que cada persoa poida gozar dunha vida plena e de calidade.

Para que as persoas con discapacidade intelectual podan perseguir os seus soños, debemos apoialos e axudalos a desenvolver competencias e habilidades necesarias.

A continuación preséntamosvos unha serie de obradoiros que permitirán ós participantes traballar e reforzar aquelas competencias e habilidades que os axudarán a ter unha vida plena.

Os obradoiros que levaremos a cabo son:

- Cociña saudable.

- Administración do diñeiro.

- Saúde e prevención de accidentes.

- Participación electoral.

- Seguridade en redes sociais.

- Duelo.

- Estimulación cognitiva.

- Promoción da saúde mental.

- Formación cidadá.

- Prevención do abuso

- Elaboración de textos en lectura fácil.

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Podedes enviar as vosas solicitudes vía mail ao correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou ben por correo postal á dirección Vía Pasteur, nº53-A. Polígono do Tambre. 15890. Santiago de Compostela.

PRAZO

As solicitudes deberán estar na Federación como moi tarde o 11 de abril.

INFORMACIÓN DE INTERESE

As entidades interesadas en solicitar algún dos obradoiros deberán presentar, -debidamente cumprimentada- a Ficha de Solicitude.

A xunta directiva de FADEMGA Plena inclusión Galicia, valorará as solicitudes recibidas e resolverá a concesión dos obradoiros, despois do cal, comunicaremos a resolución ás entidades beneficiarias.

Tras a confirmación da solicitude, a entidade beneficiaria poderá ter que presentar unha Ficha de avaliación persoal das persoas que participarán no Obradoiro (isto dependerá do tipo de obradoiros solicitados).

No caso de que o perfil ou número de beneficiarios non se axuste ós establecidos nesta convocatoria, ou non se cumprimente a documentación de forma axeitada, a Federación poderá tomar a decisión de conceder o obradoiro a outra das entidades solicitantes.

Descarga aquí a información ao completo de tódolos obradoiros e como solicitalos.