Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Angel Santalices Vieira, e o presidente da Federación Galega de Asociacións a favor das Persoas con Discapacidade Intelectual ou do Desenvolvemento (FADEMGA Plena inclusión Galicia), Eladio Fernández Pérez, asinaron hoxe un convenio de colaboración orientado ao desenvolvemento de actividades conxuntas para a integración das persoas con discapacidade intelectual na Cámara galega.

Este documento fixa o marco xeral de colaboración entre as dúas entidades para a realización de actividades que faciliten a adaptación e o desenvolvemento das funcións que persoas con discapacidade intelectual puideran prestar na Administración do Parlamento de Galicia.

Entre as posibles medidas a desenvolver ao amparo deste convenio figura a realización de cursos de formación específicos, o apoio no proceso de inserción e adaptación, o seguimento do desempeño da actividade laboral ou a realización de talleres prácticos para o intercambio de experiencias, dirixidos ao persoal que realice funcións de referencia.

O convenio asinado hoxe enmárcase na aposta do Parlamento de Galicia por contribuír á integración laboral das persoas con discapacidade. A sede do Parlamento de Galicia acolleu recentemente o primeiro exercicio do proceso selectivo convocado para a provisión dunha praza de ujier reservada para persoas que acrediten algunha discapacidade intelectual. Ademais, unha do oito bolsas para a formación práctica no Parlamento de Galicia está reservada para persoas do colectivo.