As dúas novas convocatorias publicadas hoxe polo Ministerio de Facenda a nivel estatal e polo SERGAS a nivel autonómico, supoñen novas oportunidades laboráis para un colectivo históricamente excluido do acceso ao mercado de traballo.
O Ministerio de Facenda e Función Pública publica hoxe no Boletín Oficial do Estado unha nova convocatoria de oposicións de emprego público na modalidade de reserva para persoas con discapacidade intelectual. En total convócanse 279 prazas para cubrir o posto de axudante de xestión e servizos comúns (ordenanza) da Administración do Estado en toda España, 23 delas en Galicia. En concreto: 8 en Coruña, 4 en Ferrol, 1 en Santiago de Compostela, 2 en Lugo, 2 en Ourense, 1 en Marín, 3 en Pontevedra e 2 en Vigo.
A esta convocatoria súmase a feita tamén este martes polo SERGAS, cun total de 30 prazas de celador en Galicia. Dúas novas convocatorias que supoñen un forte impulso para a inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual nas Administración Públicas, un dereito polo que a nosa federación leva máis de 10 anos traballando, en estreita colaboración coas administracións.
:: Un dereito que se fai realidade.
A igualdade de oportunidades no acceso ao emprego público das persoas con discapacidade intelectual, constitúe unha das principais reivindicacións de FADEMGA Plena inclusión Galicia polo que a reserva de prazas nesta nova convocatoria supón un paso especialmente relevante para a inclusión do colectivo.
Trátase dun dereito recollido na “Convención da ONU sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade”, sendo España un dos países que o adoptou para o seu ordenamento xurídico interno.
Dende a federación, continuaremos a prestar apoios nas 4 provincias a todas aquelas persoas que queran acceder a un dos postos que ofrece a Administración, facilitando formación para os exames e prestando apoio aos opositores en todo o proceso; desde a formalización da solicitude ata a presentación de alegacións a listas ou a documentación referida á formación e experiencia de cada aspirante para o concurso.
Descarga aquí as convocatorias: