Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Achegamos información sobre a convocatoria do PIR FUNDACION ONCE- Plena inclusión para este ano 2018, cuxo prazo de presentación estará aberto ata o 9 de marzo.

A cantidade para Galicia son 288.691,43 € (a mesma que no 2017).

Os criterios establecidos pola Fundación Once e Plena inclusión son:

• A cofinanciación deberá ser como mínimo un 25% do coste total do proxecto.

• A solicitude da convocatoria para as entidades de Plena será unicamente vía federación, non se admitiran proxectos que non pasen pola federación.

• Esta convocatoria ten carácter anual.

• Deberán presentarse proxectos en consonancia coa carteira de servizos Plena inclusión.

• A financiación deste programa vai dirixido á adquisición de inmobles, obra nova, reforma, ampliación e/ou equipamento.

• No caso de adquisición de inmobles, obra nova ou ampliación será necesario o recoñecemento explícito por parte da Administración, por anticipado. Requisito que non será necesario cando o proxecto estea cofinanciado pola propia Administración.

• Obrigatoriedade de acreditar os compromisos de cofinanciación (copia convenios subvencións, acordos,... concedidos ou certificado indicando a aportación propia).

• As accións prioritarias son as relacionadas coa creación ou mellora de prazas ocupacionais.

• A federación, de forma extraordinaria poderá presentar outros proxectos relacionados co ámbito do emprego, educación ou accesibilidade si é considerado prioritario e/ou estratéxico.

• Aluguer de inmobles, cando non sexan propias, ou as cesións en precario, deberán ser polo menos por un prazo de 15 anos.

• O prazo para a presentación de proxectos a FADEMGA plena inclusión Galicia remata o día 9 de marzo.

 

Debido ao gran número de proxectos que estamos a recibir, indicarvos que se terán en conta tamén os seguintes requisitos:

• Que os proxectos entren en prazo na federación (por correo electrónico)

• Que estea toda a documentación completa

• Que os proxectos estean ben fundamentados.

• Que o formulario Anexo 1 estea ben cumprimentado.