Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

O Parlamento de Galicia ven de publicar o primeiro proceso selectivo para a provisión dunha praza de uxier en Réxime interino, reservada para ser cuberta por persoas que acrediten unha discapacidade intelectual.

O primeiro exercicio terá lugar o vindeiro 10 de marzo na propia sede do Parlamento.

Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia valoramos moi positivamente que institucións coa entidade e representatividade do Parlamento se impliquen activamente na inserción laboral deste colectivo. O Parlamento únese así a esta corrente iniciada o ano pasado pola Xunta de Galicia, cando se realizaba o primeiro exame de oposicións á Administración pública galega reservadas exclusivamente a personas con discapacidade intelectual, e onde participaron máis de 400 persoas con esta discapacidade.

Igualmente, prevese que dende FADEMGA Plena inclusión podamos colaborar co Parlamento galego á hora de prestar apoio no proceso de inserción e adaptación efectiva ao posto de traballo e á contorna laboral dos how do i buy viagra online traballadores con discapacidade intelectual.

Ademais, levaremos a cabo un seguimento do desempeño da actividade laboral que incluirá formación continua en competencias instrumentais, transversais e laborais para este colectivo.

:: O emprego: factor crave para a inclusión das persoas con discapacidade intelectual

A igualdade de oportunidades no acceso ao emprego público das persoas con discapacidade intelectual constitúe unha das principais reivindicacións de FADEMGA Plena inclusión Galicia dende hai máis de 10 anos. Trátase dun dereito recollido na “Convención da ONU sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade”, Convención á que se sumou o propio Parlamento galego no 2008 convidando ás demais institucións e poderes públicos da Comunidade galega a "adherirse a esta declaración institucional e a aplicar e respectar os principios e disposicións