Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

A bolsa de auditores é unha rede de contactos de auditores internos de calidade das entidades federadas. Inscribíndose, os auditores póñense a disposición para auditar internamente outra entidade e solicitar ser auditados por alguén da bolsa.

O obxectivo é xerar un intercambio do coñecemento entre as entidades federadas. Aprender o que se fai noutras organizacións e identificar melloras para a propia asociación. Ensinar o que facemos na entidade e aportar posibles solucións...

Asimesmo, supérase a rutina e costume que podería supor a realización de auditorías na propia entidade, facilitando que se identifiquen oportunidades de mellora ante outros métodos de traballo e fortalecendo a independencia e obxectividade da auditoría.

¿Onde podo obter máis información?

Tedes máis información nos seguintes arquivos:

1 Díptico da Bolsa de auditores internos FADEMGA Plena inclusión Galicia.

2 Ficha de inscrición Bolsa de auditores internos FADEMGA Plena inclusión Galicia.

3. Compromiso Bolsa auditores internos FADEMGA Plena inclusión Galicia

 

¿Ata que día podo apuntarme?

O prazo está aberto ata o 21 de Febreiro

 

¿Cando coñecerei quen me auditará e a quen auditarei?

O 28 de Febreiro