O vindeiro luns, 5 de febreiro, o Parador dos Reis Católicos en Santiago de Compostela, acollerá o almorzo informativo do Forum Europa co Conselleiro de Política Social José Manuel Rey Varela, e presentado polo Presidente do CERMI Galicia Iker Sertucha.
A través este encontro abordaranse as actuais políticas sociais do Goberno Galego ao tempo que se avanzarán as liñas de actuación de cara aos vindeiros anos. Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia facemos extensiva esta invitación a tódalas nosas entidades, co fin de que dito acto poda contar cunha ampla representación das entidades galegas da discapacidade intelectual.Ao finalizar a intervención, o Conselleiro responderá as preguntas que desexedes formular dende cada asociación.
Para asistir deberedes confirmar asistencia no teléfono 902 209 030 ou no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Agradecemos que unha vez teñades a inscrición realizada nos enviedes confirmación o correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
O Fórum Europa é a tribuna política de referencia en España. Desde o comezo das súas actividades, ningún dos protagonistas nin dos feitos políticos importantes deixaron de ter acollida nesta plataforma, que vén acollendo desde os seus inicios aos titulares das Altas Institucións do Estado español e da Unión Europea, representantes dos partidos políticos e das organizacións da sociedade civil, así como primeiros dirixentes de ámbito internacional.