Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia sumámonos á satisfacción expresada polo CERMI, despois de que os Grupos políticos do Congreso teñan decidido apoiar de maneira unánime a Proposición de reforma da Lei del Réxime Electoral Xeral, cuxo debate de toma en consideración se produciu durante a tarde de onte.
Iníciase así o camiño para poñer fin á privación do dereito de sufraxio que soportan 100.000 persoas por razón de discapacidade intelectual, enfermidade mental ou deterioración cognitiva.
Segundo datos da Oficina do Censo Electoral, case 100.000 persoas con discapacidade están privadas no noso país do dereito político fundamental a exercer o sufraxio, situación inadmisible sobre a que Nacións Unidas advertiu a España en 2011, cominándoa a modificar con urxencia a súa lexislación electoral para adecuala ao tratado internacional de dereitos humanos das persoas con discapacidade, onde queda reflexado que ningunha persoa pode ser desposuída do seu dereito ao voto por razóns de discapacidade.
Segun declaracións do presidente do CERMI, Luís Cayo Pérez, a través desta reforma, poderase conseguir que “queden sen efecto as máis de 96.000 sentenzas de incapacidade vixentes en España, segundo os datos dispoñibles, porque dentro do marco constitucional a lei pódeo todo. Se xa non existe xustificación para privar do dereito a voto a todas as persoas que teñen marcada a casilla de privación do dereito de sufraxio han de ser dadas de alta de novo no censo", sinalou.