Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia poñemos en marcha unha nova xornada sobre o "novo modelo de ocupación e emprego para as persoas con discapacidade intelectual".

Este modelo propón un cambio na visión do centro ocupacional, flexibilizando o paso do centro ocupacional ao emprego mediante a formación dual (formación e práctica).

A través desta xornada, preténdese sensibilizar ás entidades federadas sobre a necesidade de introducir este modelo - máis flexible e adaptado, e que otorga máis oportunidades aos nosos usuarios- ao tempo que sensibilizamos á Administración Galega sobre a necesidade de implementar un cambio no modelo ocupacional e de emprego para as persoas con discapacidade intelectual. Trátase de flexibilizar as condicións actuais e proporcionar un entorno máis flexible e persoalizado.

A xornada terá lugar o vindeiro 23 de novembro, no edificio CERSIA, (Rúa Alcalde Raimundo López Pol, Santiago de Compostela) en horario de 10:00 a 14:00 horas.

A asistencia é de balde, (tanto para entidades federadas como non federadas) e previa confirmación de asistencia. Para elo precisamos nos informedes vía email (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.) cantas persoas da vosa asociación asistirán á xornada indicando o voso nome, apelidos e NIF.

O prazo para informar da vosa participación rematará o 21 de novembro.