As persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento presentan un maior número de trastornos psiquiátricos e condutuais coexistentes, pero moitas veces a detección dos mesmos resulta complexa ou o tratamento non é eficaz, o que repercute na diminución da súa calidade de vida, ameaza a estabilidade da situación familiar e pon en perigo a súa permanencia nos centros de atención ós que acoden.
Para abordar estes casos, ós que é dificil ofrecer unha resposta efectiva, FADEMGA Plena inclusión Galicia organizou novamente esta xornada que este ano acada a súa 6º edición co obxectivo de mellorar a atención que reciben as persoas con discapacidade intelectual e trastornos mentais e/ou alteracións de conduta asociados.
A Sesión contou co apoio e asesoramento do psiquiatra Luis Docasar Bertolo, Xefe de Servizo de Psiquiatría da Estructura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) Ourense Verín e o Barco de Valdeorras.