Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Mario e Héctor apenas teñen 20 anos, son amigos e queren ser recoñecidos youtubers…. Seguro que non che soa a nada novo, pero fainos caso: esta é a noticia, aínda que en realidade non debería sela.

Dá a casualidade de que Mario ten discapacidade intelectual, e iso quizá o cambia todo. Plena inclusión proponse axudar a Mario e a Héctor a conseguir o seu soño como forma de normalizar a discapacidade intelectual entre os máis novos.

Para iso lanzamos a campaña #QuéEstáPasandoAquí, na que gravamos con eles dous vídeos para promocionar a súa propia canle a través das redes sociais. Con esta iniciativa, a organización pretende achegarse a este sector da poboación usando os seus mesmos códigos e canles.

E é que Mario e Héctor non tratan de remover conciencias. Tampouco ofrecen unha visión descafeinada ou paternalista das persoas con discapacidade intelectual. Simplemente limítanse a “botar unhas risas” como calquera parella de amigos cunha canle de youtube.

Hoxe máis que nunca pedímosche que fagas noticia algo que non debería selo.

Mario e Héctor contan coa túa colaboración para difundir a súa canle a través de #QuéEstáPasandoAquí.

Contamos contigo!

Web da Campaña #QuéEstáPasandoAquí.

Canle de youtube