Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Manuel Seoane Mera, técnico do Programa de Reclusos e Cidadanía Activa da federación, recibiu o pasado 22 de setembro, o "Recoñecemento especial" na prisión de Pereiro de Aguiar, coincidindo coa celebración do Día da Merced.

Este premio otórgase por resolución da Secretaría Xeral de Institucións Penais a entidades colaboradoras na reinserción de persoas privadas de liberdade, así como á contribución á mellora da actividade penal.

:: Un programa orientado a la reinserción social

FADEMGA desenvolve en Pereiro, -así como noutros centros penais galegos- programas e actividades cos internos con discapacidade inteletual que axudan a mellorar as súas habilidades sociais e persoais. O Programa “Atención integral a persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento reclusas, ex reclusas e sometidas a medidas alternativas” comprende unha serie de actividades que os profesionais da FADEMGA Plena inclusión Galicia desenvolven cada semana nos Centros Penais de Teixeiro (Curtis), A Lama (Pontevedra) e Pereiro de Aguiar (Ourense).

O programa, implantado en Galicia desde o ano 2002 e levado a cabo por FADEMGA Plena inclusión, ofrece apoios individualizados ás persoas con discapacidade intelectual que están a cumprir unha pena de prisión, fortalecendo distintas áreas que contribúen á mellora da súa calidade de vida e son unha ferramenta indispensable á hora da reinserción destas persoas, dando resposta ás necesidades do colectivo co que traballa FADEMGA Plena inclusión en Galicia