Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Chega a FADEMGA unha nova edición da Sesión Clínica, que este ano terá lugar o vindeiro 10 de outubro, no Centro Empresarial do Tambre (Vía Edison, 1. Polígono Industrial del Tambre. Santiago de Compostela).

Nesta xornada contaremos co apoio e asesoramento do psiquiatra Luis Docasar Bertolo (Xefe de Servizo de Psiquiatría da Estructura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) Ourense Verín e o Barco de Valdeorras) para a abordaxe de casos nos que nos somos capaces de ofrecer unha resposta efectiva.

Os casos serán presentados polos membros do Grupo de traballo sobre trastornos mentais e/ou alteracións de conduta da Federación.

Esta xornada está dirixida ós profesionais de entidades pertencentes a FADEMGA Plena inclusión Galicia, tendo prioridade as persoas do grupo de traballo sobre trastornos mentais e/ou alteracións de conduta da Federación e/ou profesionais das súas entidades.

Aquelas persoas interesadas en participar deben enviar a inscrición, debidamente cuberta e asinada, xunto co xustificante de pago (10€/persoa) a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., antes do 3 de outubro.

Para máis información podedes contactarnos no teléfono 981.519.650 ou no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Descarga aquí a información e o programa.