Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

O pasado martes, responsables das UDS de Emprego e Centros Ocupacionais da Federación, reuníronse para comezar a coordinar as actividades que se desenvolverán na federación durante os próximos meses. Entre estas actividades que se están a poñer en marcha cabe destacar a organización dunha xornada sobre a implantación do modelo de ocupación e emprego para persoas con discapacidad intelectual de Aedis en Galicia.

 

A proposta de AEDIS apunta cara a un modelo de traballo flexible, vinculado ao sistema educativo, centrado na avaliación continua das circunstancias da persoa e con mecanismos de tránsito ou retorno entre servizos.

O que expón este modelo é un enfoque global que integre a orientación, a formación e o acompañamento da persoa con discapacidade intelectual….

Entre outros principios, o modelo aposta por:

- Deseño de itinerarios por perfil: inserción en empresa ordinaria, CEE, centro ocupacional.

- Cualificación e profesionalización das persoas con discapacidade intelectual a través de sistemas mixtos de formación e emprego para obter un certificado de profesionalidade (formación dual).

- Dereito de retorno á CEE desde a empresa ordinaria para aqueles traballadores con discapacidade afectados pola idade, a deterioración física ou polo fracaso na súa transición laboral.

- Compatibilidade de servizos a través dun sistema mixto.

Este modelo é unha proposta innovadora ás necesidades das persoas con discapacidade intelectual en materia de formación profesional e ocupación. A formación dual, dirixida á obtención dun certificado de profesionalidade, preséntase como unha alternativa nova e eficaz para a cualificación das persoas con discapacidade intelectual e como garantía da consecución dun emprego de calidade.

Concretamente, exponse un recurso mixto no que se combina formación e emprego como un dos elementos do itinerario de inserción. O principal obxectivo é que a persoa con discapacidade incremente o seu nivel de cualificación, obteña unha acreditación profesional e aumente as súas posibilidades futuras de ocupación. Nas próximas semanas a federación informará puntualmente sobre as datas e lugar onde se celebará a xornada. FADEMGA Plena inclusión Galicia, Federación de asociacións a favor das persoas con discapacidade intelectual, conta na actualidade con 40 entidades galegas federadas que prestan servizo a 4.409 persoas con discapacidade intelectual, e 8.269 socios.