Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Os pasados 8 e 9 de setembro, irmás de ACEESCA, ASPANAEX e ASPADISI, así como a propia Federación, participaron nunha formación presencial organizada en Plena inclusión, e que forma parte do “Proxecto de familias e renovación asociativa” financiado por Bankia.

O obxectivo desta formación foi coñecer con maior profundidade o funcionamento das entidades e do Movemento Asociativo, as distintas vías de participación e a importancia de participar, reflexionando sobre o papel dos irmáns na familia e no Movemento Asociativo.

Froito do que puidemos aprender nesta acción formativa, queremos traer a Galicia esta experiencia, organizando unha Convivencia Formativa sobre Dinamización Asociativa que terá lugar os vindeiros 7 e 8 e outubro en Padrón na Casa Antiga do Monte.

O horario da mesma será:

Sábado 7 de outubro. De 12 a 14 horas e de 16 a 20 horas (6 horas).

Domingo, 8 de outubro. De 10 a 14 horas e de 16 a 18 horas (6 horas).

Se vos interesa participar, podedes contactar connosco vía mail a través de Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. antes do vindeiro luns 18 de setembro.

Esta iniciativa da resposta aos horizontes 2 e 6 do novo Plan Estratéxico de Plena inclusión, que nace para potenciar a participación dos irmáns nas asociacións. Os irmáns e irmás contribúen ao rexuvenecemento do movemento asociativo e favorecen a inclusión na comunidade das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.