Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

O presidente da Federación, Eladio Fernández, o xerente Antonio Fuentetaja e profesionais da área de Emprego e Formación de FADEMGA Plena inclusión Galicia, reuníronse esta semana co Vicepresidente do Parlamento galego, Diego Calvo Pouso, así como co Letrado Oficial Maior José A. Sarmiento, para abordar distintas vías de colaboración e asesoramento ante a convocatoria dunha plaza de carácter interino na propia sede do Parlamento de Galicia.

A Federación puxo a disposición do Parlamento varias liñas de colaboración, como a adaptación do temario a lectura fácil, a posibilidade de asinar un convenio de colaboración para ofrecer apoios e formación en materia de inclusión aos traballadores do Parlamento, así como o asesoramento e elaboración de temario para futuras prazas que se podan convocar.

Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia constatamos a boa predisposición dunha das principais institucións galegas de representación cidadá, para poñer en marcha estas vías de colaboración orientadas a fomentar o emprego das persoas con discapacidade intelectual, fomentando así a igualdade de oportunidades no acceso ao emprego público das persoas con discapacidade intelectual: unha das nosas principais reivindicacións como Federación