Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

O equipo de valoración do I Congreso Estatal de Accesibilidade Cognitiva acaba de comunicar as experiencias que foron seleccionadas para acudir a este Encontro, que se celebrará os próximos 19 e 20 de outubro de 2017 en Cáceres (Estremadura) entre as que se atopa a nosa Experiencia Admirable "Queremos museos máis accesibles". Esta non será a única representación galega no Congreso, xa que tamén estará representada a Asociación BATA a través da súa Boa Práctica "Que me pasa? Dereito á miña saúde" elaborada en colaboración coa asociación Asprodema da Rioxa.

Este equipo, formado por 18 persoas expertas en accesibilidade, con e sen discapacidade, seleccionou un total de 20 experiencias entre as 108 presentadas a través do Horto de Ideas de Plena inclusión (http://elhuertodeideas.org).

O equipo de valoración desexa transmitir o seu agradecemento a todas as entidades e persoas que presentaron experiencias: a revisión e posterior selección das mesmas foi un proceso de aprendizaxe espectacular que lles encantou xestionar. "Houbo moitas experiencias fantásticas e foi moi difícil elixir", afirman. Por iso este proceso "foi moi útil para poder realizar un varrido sobre os proxectos que actualmente se realizan no ámbito da accesibilidade cognitiva no noso país. As experiencias que continuarán no Horto de Ideas ofrecen información e coñecemento públicos e, ademais, posibilitarán a colaboración".

Ata o momento, esta web de Plena inclusión recibiu 41.800 visitas. Das 20 experiencias mellor valoradas, 12 foron seleccionadas por este equipo como "Experiencias Admirables", que serán as que se exporán na sesión plenaria do Congreso Estatal de Accesibilidade Cognitiva. Os 8 restantes, foron cualificadas como "Boas Prácticas" e compartiranse no mesmo a través de diferentes casetas. Cabe destacar que destas experiencias seleccionadas, 5 son de ámbito estatal e o resto proceden de 9 comunidades autónomas. Dous delas están presentadas por entidades que colaboran desde varias comunidades, e máis da metade están propostas ou contan coa colaboración de entidades da contorna como o Ministerio de Educación, o Concello de Tres Cantos (Madrid) e Ávila (Castela e León) ou empresas como Renfe.