O falecemento dun ser querido é unha das perdas máis amargas que pode experimentarse, pero non é a única, hai outras perdas que tamén pode dar lugar o duelo, por exemplo o cambio forzoso de domicilio, perdas de saúde, cambio de persoas de referencia (coidadores, monitores), cambios de rutinas...
As persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento non son alleas a estas situacións e lonxe de deixalos a marxe, debemos axudalas a superar estos momentos.
Para reflexionar sobre o duelo e os diferentes aspectos asociados ó mesmo, en FADEMGA Plena inclusión Galicia poñemos en marcha un Obradoiro de duelo para persoas con discapacidade intelectual, que terá lugar o vindeiro 2 de outubro, nas instalacións da Casa das Asociacións (Rúa Manuel María, Santiago de Compostela).
Esta xornada está dirixida a persoas con discapacidade intelectual maiores de 45 anos ou en proceso de envellecemento acompañados por algún profesional das entidades de FADEMGA Plena inclusión Galicia.
Aquelas persoas interesadas en participar deben enviar o boletín de inscrición debidamente cuberto e asinado (por correo ordinario ou escaneado por e-mail) a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. antes do 26 de setembro.
Para máis información podedes contactarnos a través do teléfono 981.519.650, ou correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. (Persoa de contacto: Pilar Villaverde).