Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

O Modelo de Calidade de Vida Plena inclusión, que se sustenta na calidade de vida, calidade na xestión e a calidade ética, conta cun Sistema de Avaliación da Calidade que pretende que todas as organizacións que forman parte do Movemento Asociativo Plena inclusión sexan capaces de percorrer un camiño de mellora que os conduza cara á acreditación da calidade nos seus procesos e o avance na xestión dos seus apoios e servizos.

Froito do seu traballo pola mellora constante, as entidades de BATA, ASPNAIS, ACEESCA e ASPANANE, veñen de ser recoñecidas polo Comité de Acreditación do Sistema de Avaliación de Calidade Plena. Concretamente a asociación BATA, ven de ser acreditada na fase 2 de “Despliegue”, mentres que as entidades de ASPNAIS, ACEESCA e ASPANANE foron acreditadas na etapa 1 de “Compromiso”

Este sistema de Avaliación da Calidade Plena inclusión é compatible con outros sistemas de certificación, aos que complementa dando protagonismo á persoa con discapacidade intelectual, e comprometéndose coa ética. A acreditación que propón este Sistema de Avaliación da Calidade Plena inclusión busca evidencias de mellora no tres compoñentes que conforman o Modelo de Calidade FEAPS: calidade de vida, calidade na xestión e ética.

En cada unha destas áreas o sistema determina exemplos de evidencia durante os distintos momentos do proceso de mellora. O sistema de avaliación desta Calidade Plena inclusión supón un percorrido progresivo por ese camiño, aplicable a todas as entidades, con independencia do seu tamaño ou as súas características e circunstancias concretas.

Dende FADEMGA Plena inclsuión animamos a tódalas entidades a continuar nesta senda de Calidade Plena e reiteramos a nosa colaboración no mantemento e desenvolvemento deste proxecto.