Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Plena inclusión está a promover un espazo de intercambio de experiencias sobre accesibilidade cognitiva en España, e as mellores experiencias presentaranse no Congreso Estatal de Accesibilidade Cognitiva que se celebra o 19 e 20 de outubro en Cáceres.

Dende hoxe xa coñecemos estas 108 experiencias que aspirarán a converterse en Boas Prácticas, das cales 3 son experiencias presentadas por FADEMGA Plena inclusión Galicia:

:: A adaptación da estratexia galega da discapacidade, en colaboración con usuarios de ASPAS.

:: A experiencia da nosa área de emprego "Por fin nos facilitan o emprego público"

:: E"Queremos museos máis accesibles"

Ás experiencias presentadas pola federación únense outras 3 presentadas polas entidades de ASPRONAGA a través do proxecto "Axenda cultural accesible", BATA con "Proxecto de Transformación Dixital: Doutor Que me pasa" Dereito á miña saúde" e CHAMORRO, coa "Experiencia para facilitar o acceso a información sobre a contorna e mellorar a orientación, a través dun sistema de sinais".

A accesibilidade cognitiva é a cualidade de contornas, produtos, procesos? que son máis fáciles de comprender e beneficia a todas e todos, pero especialmente a colectivos con dificultades de comprensión como as persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

O total de experiencias presentadas pode consultarse a través da web O Horto das Ideas (http://elhuertodeideas.org/experiencias-accesibilidade). Grazas a que as federacións e entidades do movemento asociativo difundiron e compartiron o seu coñecemento, agora dispomos dun recurso para identificar, recoñecer e difundir iniciativas, que pode dar pé á creación de novas alianzas e proxectos.

Cantas experiencias se presentaron?

Presentáronse 108 en total. Delas, 68 experiencias preséntanas entidades e federacións vinculadas co movemento asociativo Plena inclusión. Un dos valores deste Congreso é a promoción da participación da contorna. O obxectivo é identificar boas experiencias externas ao movemento, pero tamén reclamar maior implicación e promover a colaboración. Así, 26 experiencias presentáronas entidades, organismos e empresas externas ao movemento asociativo e 13 alianzas entre entidades do movemento e externas a el.

Primeiros impactos

A difusión de todas as experiencias é unha das metas do proxecto. Xa podemos compartir os primeiros datos de impacto deste intercambio de experiencias. Desde que se lanzou a iniciativa, a web do Horto das Ideas recibiu máis de 28.700 visitas. Na web rexistráronse 300 persoas máis estes días e, actualmente, acumula unhas 530 experiencias. As experiencias de accesibilidade recibiron máis de 100 comentarios e estanse difundindo ademais en redes sociais. Está a animarse en redes sociais ás entidades a difundir as súas propias experiencias e outras que consideren valiosas. Ademais, nesta ligazón (http://www.plenainclusion.org/informate/encuentros/congreso-accesibilidade-cognitiva/ayudanos-a-difundir), hai dispoñibles materiais de difusión xeral o Congreso.