A sede da Fundación ONCE en Madrid acolleu onte unha xornada sobre Emprego Personalizado, baixo o lema "Unha oportunidade para crear situacións únicas", e na que FADEMGA Plena inclusión Galicia presentou o seu proxecto de emprego personalizado co obxectivo de lograr maiores e mellores oportunidades laborais para aquelas persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento que teñen máis necesidade de apoio.
Durante a xornada, o responsable do Proxecto de Emprego de Plena inclusión, Álvaro González, xunto a unha técnico e un usuario do servizo de emprego de FADEMGA Plena inclusión Galicia, presentaron o proxecto piloto de Emprego Personalizado no noso país, a través dunha Guía que recolle os seus principais resultados, e na que FADEMGA participou xunto ás federacións de Asturias e Ceuta. Como parte desta exposición, a nosa federación presentou un vídeo onde se ejemplifican os servizos e apoios que os profesionais da federación prestan para xerar oportunidades de emprego e autoemprego, para que aquelas persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento con máis necesidades de apoio poidan acceder ao mercado laboral aberto. O vídeo pode verse xa a través da nosa canle de Youtube: https://www.youtube.com/watch?v=EW5Zjl39v20
:: Unha xornada aberta a experiencias doutros países.
Durante o día os asistentes tamén asistiron ao relatorio da experta norteamericana en emprego personalizado Beth Keeton, que ha falou do "descubremento", de pasar horas con Jimmy e pescudar que lle gusta facer. "Debemos deixar que a persoa nos conduza e lévenos onde quere ir. Nós descubrimos que a Jimmy lle encantan os insectos, e atopamos un sitio onde hai abellas próximo. Entón entrevistouse o asesor laboral. A Jimmy non lle picaban as abellas, tiña unha gran conexión con elas. O asesor laboral non tiña ese talento e picáronlle. Agora Jimmy vende actualmente o mel nas propias colmeas, un mel local que axuda moito ás persoas fronte ás alerxias. É importante facer esta transición: queremos que as persoas se unan a cousas que resalten as súas competencias. En EEUU un 34,36% das persoas con discapacidade entre 16 e 64 anos está a traballar, pero o seu salario medio actual é duns 400 dólares ao mes. Pensar en sobrevivir con iso é imposible. No meu país temos financiamento para servizos segregados e non para servizos inclusivos."
"É moi importante" -engadiu Keeton-, conseguir traballo nunha idade temperá: o 73% das persoas con discapacidade que comezaron a planificar a súa vida laboral con 14 anos, lograron unha equidade no emprego. Se queremos conseguir que cambien as cousas debemos facer cousas distintas. O emprego personalizado é unha maneira de enfocar o proceso de emprego en cada persoa particularmente, e non se trata de saber que ofertas hai de emprego. Non estamos a buscar que necesita o mercado laboral. O traballo soñado tamén pode ser unha trampa porque ter un soño non significa ter as habilidades para desenvolvelo. Por iso o reto está en lograr unha mestura do que lle importa á persoa e o que realmente fai. Non se trata de avaliar tampouco segundo a forma tradicional baseándonos no que non facemos ben. É horroroso buscar un traballo baseado niso. O que necesitamos é unha información que nos guíe o proceso e individualizar a relación de emprego entre empregador e empregado de tal forma que satisfaga as necesidades de ambas as partes: esa é a definición formal de emprego personalizado".