O pasado 9 de xuño a sede de FADEMGA Plena inclusión Galicia acolleu un curso sobre APOIO CONDUTUAL POSITIVO que foi impartido por Antonio Naya Sancho, psicólogo e director do Centro Ricardo Baró da asociación ASPRONAGA e membro do Comité de Ética de Plena inclusión.
En total, 16 profesionais chegados dende as entidades de AMIPA, ASPADEZA, ASPANAS, ASPAVI, NSA SRA CHAMORRO, PAI MENNI e FADEMGA participaron nesta iniciativa.
O curso organizado por FADEMGA Plena inclusión Galicia, puido facerse realidade grazas a financiación da Fundación ONCE e Xunta de Galicia, e permitiu que os alumnos e alumnas identificaran: a definición de conduta; a natureza propositiva dos problemas de conduta, definición e características de apoio condutual positivo e factores psicolóxicos e emocionais na intervención en problemas de conduta.
FADEMGA Plena inclusión Galicia organizou un novo curso sobre apoio condutual positivo. No curso participaron profesionais de toda Galicia. O profesor foi o psicólogo Antonio Naya.
O curso puido organizarse grazas á financiación da ONCE e da Xunta de Galicia.
Os alumnos aprenderon a identificar diferentes conductas e a actuar cando xorden problemas. |