As persoas con discapacidade intelectual con maiores e máis complexas necesidades de apoio contan con pouca visibilidade no conxunto da sociedade. Parecería que para elas non contan os dereitos, a calidade de vida, a autodeterminación, a participación e inclusión comunitarias….
Pero dende FADEMGA Plena inclusión Galicia estamos decididos a contar con cada persoa! Con este obxectivo celebramos a xornada “Todos somos todos” que terá lugar o vindeiro 28 de xuño na Escola Galega de Función Pública (Santiago de Compostela), e na queremos contar coa túa participación!
A xornada estará dirixida a persoas con discapacidade, familiares, profesionais, xerentes, voluntarios e toda persoa da contorna que esté interesada.
Xa podedes realiza a vosa inscrición a través do seguinte enlace: XORNADA TODOS SOMOS TODOS (INSCRICIÓN)
IMPORTANTE! A inscrición é de balde, e o prazo para que vos anotedes rematará o 16 de xuño.
Anímate e PARTICIPA!