Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

O pasado 19 de maio a sede de FADEMGA Plena inclusión Galicia acolleu un curso sobre Planificación centrada na persoa que foi impartido por Fausto García Rey, Director técnico do servizo de adultos da asociación BATA e membro da Rede de Consultoría de Plena inclusión.

En total, 16 profesionais chegados dende as entidades de ACEESCA, ASPADEZA, ASPAVI, ASPRONAGA, NSA SRA CHAMORRO, PAI MENNI e FADEMGA participaron nesta iniciativa. O curso organizado por FADEMGA Plena inclusión Galicia, puido facerse realidade grazas a financiación da Fundación ONCE e da Xunta, e permitiu que os alumnos e alumnas identificaran os principios , ferramentas, procesos e marco de experiencias e oportunidades para a planificación centrada na persoa.

FADEMGA Plena inclusión Galicia, Federación de asociacións a favor das persoas con discapacidade intelectual, conta na actualidade con 40 entidades galegas federadas que prestan servizo a 4.409 persoas con discapacidade intelectual, e 8.269 socios.